la opinión de los lectores sobre noticias de ABC.es
Los tribunales españoles condenaron entre 1997 y 2007 sólo a cuatro de cada mil responsables de incendios forestales causados intencionadamente o por negligencia, según se desprende de los datos del Registro de Penados a los que ha accedido EFE.
problematica dos montes en Galicia
www.adega.info
Dous millóns de hectáreas (has), é dicir, o 69% do territorio do país, é considerado superficie forestal. A superficie arborada é de 1.405.000 hectáreas, da cal só 375.000 hectáreas están ocupadas por especies de frondosas autóctonas (carballos, castiñeiro, bidueiro, ameneiro,
faia, aciñeira,...). O resto son plantacións de piñeiros e eucaliptos . En Galiza temos moitas plantacións forestais pero poucos bosques.
Son moitos os problemas que aqueixan aos nosos montes, consecuencia dunha planificación e xestión inexistentes ou inadecuadas. Os lumes, a expansión masiva e desordenada das plantacións de eucaliptos, a degradación e destrución dos bosques autóctonos máis valiosos, as prácticas de manexo ambientalmente inapropiadas das plantacións (talas rasas, realización de queimas para a preparación das plantacións, rozas non selectivas do mato,...), a construción de pistas forestais e devasas sen planificación axeitada, a eliminación de bosques das ribeiras dos ríos, etc., provocan importantes danos ambientais, con consecuencias negativas de carácter económico e social: erosión do solo, deterioración da paisaxe, perda de biodiversidade, etc.
Os incendios forestais seguen a ser un dos principais problemas ambientais da nosa terra. Os Planos INFOGA promovidos pola Xunta desde 1990 carecen do suficiente enfoque preventivo, polo que non conseguiron nin sequera estabilizar o número de incendios. En Galiza están a se rexistrar 50 lumes por cada 10.000 hectáreas de superficie forestal, índice 11 veces superior á media do resto das comunidades autónomas.
Entre as propostas defendidas por ADEGA no eido forestal, podemos destacar as seguintes:
A protección especial dos bosques autóctonos máis valiosos, para o cal é preciso a compra para o patrimonio forestal público ou o establecemento de convenios cos seus propietarios.
A promoción decidida da plantación de árbores autóctonas e dunha xestión forestal que integre as tres funcións básicas do monte (ambiental, productiva e de uso social ) e procure o aproveitamento múltiple do monte (madeira, gando, froitos, cogomelos,...).
O control da expansión das plantacións de eucalipto.
O fomento da certificación forestal do FSC (Forest Stewardship Council ou Consello de Manexo Forestal).
A conservación e restauración dos bosques da ribeira dos ríos e do arboredo das beiras de camiños e leiras. Asemade, cómpre preservar as pequenos bosques autóctonos intercalados entre cultivos e prados que caracterizan a paisaxe agraria tradicional galega.
Desenvolvemento dunha estratexia de loita contra os lumes forestais fundamentada en medidas de carácter preventivo que ataquen as causas estruturais dos lumes (abandono e xestión inadecuada dos montes, utilización do lume para crear pastos e en labores agrícolas e forestais, especulación madeireira, persecución de especies causantes de danos en cultivos e gando,...).
Desenvolvemento dun sector industrial forestal que aproveite os recursos dos nosos montes de forma compatíbel co medio e creando riqueza no país.
ADEGA desenvolveu múltiples actividades a prol dunha xestión adecuada dos nosos montes. En 1989, ADEGA foi unha das principais organizacións impulsoras da proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a defensa do patrimonio forestal galego, que logrou un importante apoio social. ADEGA tense mobilizado en numerosas ocasións contra os incendios forestais e a eucaliptización masiva, pola defensa dos bosques autóctonos, pola minimización do impacto ambiental das concentracións parcelarias (unha das principais causas de destrucción de árbores autóctonas),... Está entre as entidades promotoras do Comite de Defensa do Monte Galego.
Es curioso, pero porqué en las imagenes de noticias de los bosques arrasados por los grandes incendios ultimos (Galicia, Canarias, California)aparecen majestuosas o bién grandes antenas de emisión electromagnetica (telefonia) o los molinos productores de energia eloica. ¿Tendrá igual que ver eso con la locuaz colocacion de esas antenas emisoras al lado o en cercania a los tranformadores de energia o lineas electrificadas (complementacion). ¿busque, vea, compare y entenderá usted todo lo demas.
Se respetuoso con tus comentarios para mantener un diálogo civilizado. Nos reservamos el derecho de moderar aquellos comentarios con insultos, ataques, o que no tengan relación con el tema tratado. Y recuerda las condiciones de uso.
« España lidera el paro juvenil en Europa | Inicio | Los disturbios de esta noche en Francia dejan más de 70 policías heridos »
Copyright © ABC Periódico Electrónico S.L.U, Madrid, 2007.
Datos registrales: Inscrita en el Registro Mercantil de Madrid,
Tomo 13.070, Libro 0, Folio 81, Sección 8, Hoja M-211112, Inscripción 1ª - C.I.F.: B-81998841.
Todos los derechos reservados. ABC Periódico Electrónico S.L.U. contiene información de Diario ABC. S.L.
Copyright © Diario ABC. S.L., Madrid, 2007.
Reservados todos los derechos. Queda prohibida la reproducción, distribución, comunicación pública y utilización, total o parcial, de los contenidos de esta web, en cualquier forma o modalidad, sin previa, expresa y escrita autorización, incluyendo, en particular, su mera reproducción y/o puesta a disposición como resúmenes, reseñas o revistas de prensa con fines comerciales o directa o indirectamente lucrativos, a la que se manifiesta oposición expresa.
![]() |
![]() |
![]() |